12/10/2013

NOVO PERSOAL BOLSEIRO NA OMA-UDC: Comezamos o curso na Oficina de Medio Ambiente (OMA)

bolseirxs OMA-UDC


Benvid@s a tod@s a este novo curso! 

Desde a Oficina de Medio Ambiente queremos informarvos de que o ano universitario tamén comeza para nós. Este curso somos dez bolseiras de diferentes disciplinas como ciencias, arquitectura, aparelladores, camiños, socioloxía e ciencias da educación. E contamos tamén coa  participación da asociación ecoloxista ADEGA na coordinación das actividades de educación ambiental e voluntariado.


Xa estamos traballando na realización de diversas actividades que levaremos a cabo ao longo do curso, e que se sumarán ao seguimento de diversos proxectos sectoriais, entre eles a compostaxe, a recollida selectiva de residuos e  diversas actuacións de restauración no monte da Fraga. En definitiva, trataremos de ambientalizar un pouco máis o noso campus.

Permanecede atentos, porque en próximas actualizacións daremos máis detalles acerca das nosas actividades.  Como aperitivo,  deixamos na seguinte ligazón a memoria de actividades do anterior curso 2012-2013




Para máis información, estamos en contacto a través dos seguintes medios da oficina:


-          Facebook: Oficina de Medio Ambiente UDC, bolseiros OMA

-          Twitter: @OMA_UDC

-          Blog: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/


-          Correo:  oma2@udc.es



Vémonos!

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

1 comentarios:

  1. Me encanta que podamos continuar aprendiendo sobre curso facebook ads, ya que así lograremos darle el empuje que le falta a nuestra marca.

    ResponderEliminar

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib