Blog dedicado as actividades que realiza a oficina medioambiental da Universidad da Coruña

Inspección de outono do proxecto ríos no río Lagar.



O próximo martes 22 de Outubro ás 17:00 h terá lugar a actividade do “Proxecto Ríos” para a inspección de outono do río Lagar. 

     O obxectivo desta proposta e concienciar á sociedade da importancia do coidado dos nosos ríos e a necesidade da súa boa conservación.

     O punto de encontro para a actividade será ás 17:00 h na porta da Facultade de Economía e Empresa (Elviña). Desde alí, dirixirémonos ao río, onde Paco Bañobre, educador do Proxecto Ríos, nos explicará en que consiste o proxecto e a metodoloxía a seguir.
Posteriormente, procederemos a realizar a inspección do río do Lagar: avaliación do bosque de ribeira, identificación de macroinvertebrados, análise físico-química das augas… co fin de coñecer o estado de saúde do río.

     As prazas están limitadas, polo que aquel@s que esteades interesad@s en participar nesta proposta podedes inscribirvos no correo electrónico da Oficina de Medio Ambiente, oma3@udc.es

     Para máis información podedes visitar o noso blog;  http://medioambienteudc.blogspot.com.es/ ou a nosa páxina de facebook; “Oficina de Medio Ambiente UDC”, “bolseiros OMA” e o twitter @OMA_UDC.

Contamos contigo!
Share on Google Plus

0 comentarios: