02/04/2017

V ENCONTRO SOLAR NA UDC

bolseirxs OMA-UDC
V ENCONTRO FORNOS SOLARES
Aparcamento Xoana Capdevielle, Elviña.
Xoves, 27 de abril de 2017
Inscripción necesaria neste formulario
Actividade en función da meteoroloxía 
__________________________________________________________________________________________

"CUBERTAS TODAS AS PRAZAS PARA A VISITA DA CUBERTA DO CITIC" 
As inscricións que se fagan a partir das 23h00 do día 25/04/2017 non serán tidas en conta, a non ser que o mesmo día non asistan persoas inscritas, e ocuparanse prazas por orde de inscrición. 

O próximo 27 de abril terá lugar o V Encontro Solar da UDC, no aparcamento do edificio Xoana Capdevielle, promovido pola Oficina de Medio Ambiente e organizado pola Asociación Ecoloxista ADEGA e o CIFP Someso, xuntarémonos para cociñar e facer unha degustación de comida solar. Paralelamente teremos unha exposición de diferentes aparellos solares e visitas a instalacións de enerxía renovable na UDC.

O ano pasado reuníronse máis 70 cociñas solares e fixemos 50 receitas diferentes. Este ano conseguiremos máis? A actividade estivo amenizada cun DJ Solar!!  

Que non tes forno solar? No apartado de bioconstrución da web do CIFP Someso, ou na revista CERNA, tes á túa disposición as instrucións para a súa construción. O custo aproximado deste tipo de forno é duns 3 a 5 euros se te fas con materiais recuperados e os reciclas. Unha vez teñas o material, xúntate con uns amigos e en tres horas podedes ter o forno listo. Tes aquí as ligazóns para aprender a facer un! 






Nós xa fixemos os nosos o pasado 28 de marzo, así que anímate a facer o teu! Tes as fotos 
aquí

O V Encontro Solar pretende ser un espazo de participación que divulgue as aplicacións da enerxía solar na vida cotiá e fomente o seu uso. Nesta mostra realizaranse diversas actividades que pretenden crear unha nova cultura enerxética que incida na redución e na eficiencia do consumo. Un cambio de comportamento preciso, encamiñado a mitigar o cambio climático.

Se tes calquera aparello que funcione coa enerxía solar, non dubides en participar na actividade! Despois farémosche un sitio no banquete que realizaremos entre todos! 

Un requisito é usar pratos, vasos e cubertos non desbotables. Non ten lóxica participar nunha actividade de aproveitamento de enerxía limpa, aforro de recursos e protección do medio ambiente consumindo unha grande cantidade de recursos e xerando unha montaña de residuos por semos preguiceiros para traer os pratos de volta á casa.

Equipos de protección individual (EPI): Teña en conta a famosa protección 3G cando practicamos cociña solar: gafas, gorra e "Grema solar"

programa completo da xornada será o seguinte:
10:00h  Montaxe dos fornos, cociñas e exposición dos aparellos solares*.
11:30h  Introducimos a comida nos fornos e cociñas.
12:30h  Enerxía solar fotovoltaica: Visita a cuberta CITIC guiada por  J.M. Giz, Técnico Superior de                mantementos da UDC. Punto de encontro: mesa da OMA* situada no Encontro Solar.
15:00h  Xantar colectivo e degustación de comida solar*.
16:30h  Recollemos

Durante toda a xornada:
-       Exposición de aparellos solares, achegados polo CIFP Someso e ADEGA, e polas demais persoas e entidades participantes*.
-          Exposición itinerante "A Enerxía Solar", de ADEGA.
-          Mesa de experimentación e aprendizaxe de enerxía solar.

* Para participar na montaxe e exposición dos fornos, no xantar, e na visita, é necesario anotarse a través deste formulario

Para a celebración do Encontro Solar necesitaremos que o SOL estea con nós, polo que, en función da previsión meteorolóxica, poderá ter que adiarse a xornada. Nese caso, anunciarase no Blog e Facebook da OMA o luns ou martes anterior. Estade pendentes...!

Data e hora: 27 de abril de 2017, de 10:00 a 16:30.
Lugar: aparcamento do edificio Xoana Capdevielle da UDC.
Inscricións: Neste formulario

Toda a información oficial sobre posibles adiamentos dos evento, faranse por este blog da OMA, e as súas redes sociais, Facebook e Twitter. 
Podes atopar máis información no apartado de Bioconstrución da páxina web do CIFP de Someso: http://www.edu.xunta.es/centros/cifpsomeso/node/93

Instrucións para a construción dun forno solar:


Álbum fotográfico do III Encontro Solar (2015) na seguinte ligazón:


Timelapse aquí

Enlaces reportaxes da TV









bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib