27/05/2013

Xornada de eliminación de flora exótica invasora na UDC

bolseirxs OMA-UDC
Seguindo a programación da primavera ambiental, a Oficina de Medio Ambiente convoca a súa segunda actividade de voluntariado ambiental en colaboración coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para o día 29 de Maio no Campus da Zapateira.
 

O 29 de maio terá lugar esta xornada, que terá lugar no monte da Fraga.  As especies exóticas invasoras son hoxe a segunda causa de perda de biodiversidade no planeta.

O programa para a xornada será a  seguinte:    

10:30h Charla especies exóticas invasoras. Facultade de ciencias, salón de actos, relator: Ramses Pérez. Educador ambiental de ADEGA
                                                         
11.30h Comezo da xornada de eliminación de flora exótica invasora no monte da Fraga.

14:30h Remate da xornada de traballo.

Para participar na xornada é importante inscribirse no correo oma3@udc.es para que poidamos preparar a ferramenta e o xantar.

No caso de non poder asistir á xornada completa, se queredes participar un tempo limitado, tamén podedes facelo: enviade un correo indicando a vosa dispoñibilidade.

Esperámoste!

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib