30/05/2013

"LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS" no Día Mundial dos Océanos

bolseirxs OMA-UDC
Para clausurar o ciclo de conferencias e obradoiros da Primavera Ambiental deste curso a OMA, coa colaboración da asociación ecoloxista ADEGA, participará o vindeiro venres, 7 de xuño, nunha LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS, que terá lugar por toda a costa galega, con motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos.
 
 
A actividade terá lugar na praia de Bastiagueiro Pequeno e comezará ás 11:00h, establecéndose como punto de encontró a porta de INEF (Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física). Hai transporte público dende a estación de autobuses de A Coruña, con dirección Santa Cruz. Os horarios dos autobuses son regulares, podedes coñecelos na seguinte ligazón; http://www.autoscalpita.es/images/horarios_acp.pdf
 
 
 
 

 

 
A xestión dos residuos en Galicia non é axeitada, cada ano preto de 7 toneladas de residuos, principalmente plásticos, van parar o mar, ocasionando alén dun  impacto visual moi desfavorable, un grave perigo para a fauna mariña e, consecuentemente, estase a converter nun grave problema de saúde pública. Estes residuos conteñen compoñentes prexudiciais e perigosos e son confundidos con alimento por moitas especies da fauna mariña. Moitas substancias químicas incorpóranse á cadea trófica e acaban na nosa dieta, afectando directamente a nosa saúde.

 O obxectivo desta xornada é denunciar esta situación e  concienciar á poboación sobre a problemática da contaminación mariña. Así pois, a OMA convida a toda a comunidade universitaria a participar nesta actividade de concienciación ambiental. Para máis información visitade esta ligazón.

Confirma a túa participación enviando un correo-e a oma3@udc.es

Agardámoste!

 

 

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib