02/05/2013

bolseirxs OMA-UDC
REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE PAPEL

O próximo mércores 8 de maio terá lugar a próxima actividade da Primavera Ambiental da UDC, que tratará da reutilización e reciclaxe do papel.

Data e hora: mércores 8 de maio, 11:30 h

Lugar: Facultade de Socioloxía, Seminario Fernández de Rota (3º planta).

Esta actividade ten como obxectivo divulgar ante a comunidade universitaria a importancia da reciclaxe do papel e do consumo responsable do mesmo.

Comezaremos cunha breve explicación da campaña de aforro e reutilización de papel que está levando a cabo a Oficina de Medio Ambiente en diversos centros da UDC. Realizaremos dous tipos de actividades: por unha banda elaboraremos papel reciclado a partir de papel usado; e pola outra faremos os cadernos re-utiliza, é dicir, cadernos feitos con folios escritos só por unha cara, procedentes tanto das caixas re-utiliza que están instaladas nos centros como doados por diferentes departamentos da UDC, e encadernados con espirais, tamén reutilizadas.

As prazas son limitadas, polo que se estás interesado en participar neste obradoiro podes reservar a túa praza no correo electrónico da Oficina de Medio Ambiente, oma3@udc.es


bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib