16/05/2012

Crónica da "Xornada sobre residuos na primavera ambiental"

bolseirxs OMA-UDC
O 8 de Maio de 2012 tivo lugar a xornada adicada a residuos dentro das xornadas establecidas pola Oficina de Medio Ambiente,  Primaveira Ambiental, nesta ocasión organizamos varias actividades;  un obradoiro para aprender a reutilizar e reciclar papel, unha conferencia con varias ponencias sobre a xestión dos residudos e para rematar unha visita a zona de compostaxe da UDC e plantación dunha horta.

Obradoiro reciclaxe

            Con motivo de traballar en base á campaña Reutilizando  establecida pola OMA realizouse un obradoiro  para divulgar os usos do papel reutilizado e reciclado. A actividade consistiu en facer libretas con papel solo usado por unha cara coa finalidade de promover a necesidade de aproveitar o papel.  Para iso fíxose unha recollida do papel das caixas do proxecto Reutilizando, así como de traballos entregados polo alumnado  da facultade de ciencias. Unha gran cantidade de papel solo utilizado por unha cara, provocando un desbaldimento de resursos, no obradoiro reconvertemos  este papel para tirar en bonitas libretas A5, aproveitando tamen as anelas dos traballos, alongando a súa vida útil.  Para finalizar o obradoiro fixose unha demostración de como reciclar papel.
A duración do obradoiro foi dunha hora, de 11 a 12h na sala de maquetación do edificio anexo de arquitectura.

Conferencia xestión dos residuos na Galiza

            Ás 12.00 deu comezo a Conferencia/Debate  sobre  a xestión dos residuos na Galiza. no salón de actos da facultade de Ciencias,  cunha duración de dúas horas.

Fins Eirexas en representación de ADEGA(Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)a súa ponencia versou sobre a xestión dos residuos na Galiza, problemáticas e en especial o conflicto     da proposta de construir unha segunda incineradora no sur do país.

Marcial Blanco, en representación   Zocamiñoca,cooperativa de consumo responsable, explicounos o funcionamento da cooperativa, sobre todo en relación aos residuos unha das prioridades e reducir a cantidade de embalaxes dos productos, mercando a granel, recollendo os produtos en bolsas de tea.. e tamén o sistema de retorno de envases utilizado en dita cooperativa.

 Miguel Varela, en representación da empresa Teima, falounos da necesidade da correcta xestión de residuos e transmitindo  a ferramenta establecida por Teima formada na maior parte por ex alumnos da UDC enmarcando tamén diferentes problemáticas existentes na xestión de residuos de Galiza.

Rematouse cunha ronda de preguntas e un debate no que se puido resolver as cuestións establecidas polos asistentes.

Visita guiada aos composteiros da UDC e usos do compost

            Ás 16.00  deu comezo a actividade relacionada coa compostaxe na UDC, na que a OMA organizou unha visita ós composteiros establecidos na facultade de arquitectura, así como a plantación dun horto ecolóxico, usando como sustrato o compost da UDC, todo elo guíado por Manuel Soto(Director OMA UDC), Rosane da Silva(UDC), Laura Pita(OMA-UDC) e Maria R.Lafuente(ADEGA).


Visitamos o  composteiro automático, “campusteiro”  e a área de compostaxe manuais onde Manuel Soto e Maria R.Lafuente fixeron unha explicación  sobre o funionamento dos mesmos, estes composteiros están asumindo todos os residuos orgánicos do comedor de arquitectura e son transformados en compost.  Desde comezos de 2011 compostáronse todos os residuos orgánicos dos comedores da Facultade de Filoloxía e da Escola Técnica Superior de Arquitectura, uns 5.000 kg en total, dos que se obtiveron uns 1.000 kg de compost.

O producto que obtemos  a partir dos residuos orgánicos é o compost que pode ser utilizado como sustrato para plantar, de este xeito palntamos unha pequena horta ao caron dos composteiros para pechar asi o ciclo da meteria orgánica.

Finalmente procedeuse ó agasallo de bolsas con compost da UDC  con folleto explicativo con sementes de diferentes plantas para que os asistentes empreguen nas súas casas, incentivando así a creación de hortas ecolóxicas e a reutilización da meteria orgánica a partir dos os residuos orgánicos.








Finalizada  a xornada do día 8 de Maio,  convocamos aos estudantes para a seguinte actividade , do día 15 de Maio, constituída por conferencias sobre as actuacións e melloras no uso da enerxía na UDC e novas propostas e  ó primeiro encontro solar.



bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib