19/04/2012

PRIMAVERA AMBIENTAL na UDC

bolseirxs OMA-UDC
ACTUALIZACIÓNS:


24 abril
Ás 12:00 h, Facultade de Ciencias, Aula 13 (1,5 h)
O impacto do lume no Parque Natural das Fragas do Eume
Carlos Muñoz Martínez, Xefe do Servizo de Conservación da Natureza da Coruña (Xunta)
Marcelino Fuentes, profesor de Ecoloxía da UDC
Ernesto Lopes Dias, representante de ADEGA

* * * * * * * *
A oficina de medio ambiente (OMA) da Universidade da Coruña e ADEGA organizamos un ciclo de conferencias, obradoiros e exposicións baixo o  título de Primavera ambiental. 
O obxectivo deste ciclo, que terá lugar do 24 de abril ó 29 de maio, é achegar á comunidade universitaria as diferentes problemáticas ambientais que temos no país e propostas  de mellora tanto a nivel individual como colectivo. Con este fin, tocaremos varias temáticas como o impacto do lume nas Fragas do Eume, mobilidade, a calidade do aire, xestión de residuos, aforro enerxético e aproveitamento da auga.
Algunhas das xornadas estarán compostas dunha conferencia onde diferentes expertos achegarán a súa visión sobre a temática, noutras xornadas despois da conferencia teremos a oportunidade de facer  unha visita guiada a exposición da Pegada Ecolóxica, poderemos asistir a un obradoiro para aprender a reutilizar e facer papel reciclado, teremos a oportunidade de coñecer os composteiros comunitarios do campus e aprender a xestionar correctamente os residuos orgánicos, daremos uso ao compost plantando un pequeno horto e celebraremos o ano internacional da eficiencia enerxética co I entrontro solar na UDC, nesta xornada poderemos comprobar os diferentes usos da enerxía solar, cociñaremos e teremos unha mostra dos diferentes aparellos solares, e por último clausuraremos as xornadas cun ciclo de curtametraxes de temática medioambiental.

Os interesados podedes solicitar un crédito de libre configuración, (pola participación nun mínimo de 10 horas) mediante a inscrición no enderezo oma2@udc.es



Velaquí tendes o programa completo (se avisará puntualmente de calquera cambio que se producise):
Programa PRIMAVERA AMBIENTAL UDC

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib