Blog dedicado as actividades que realiza a oficina medioambiental da Universidad da Coruña

Actividades da OMA o día 15 de Maio

AVISO: O I ENCONTRO SOLAR NA UDC (ADEGA) queda adiado ata novo aviso, debido ás previsións meteorolóxicas non favorables para a súa realización. En canto teñamos a nova data, vola comunicaremos a través das canles habituais e desta páxina.

Polo que respecta á charla "Actuacións en melloras no uso da enerxía na UDC e novas propostas" non hai ningún cambio. SÍ terá lugar na data e hora indicados.

******************************************************************************
A partir das 11:00 h. na Praza da Fraga (Arquitectura-Ciencias, Campus da Zapateira), celebrarase o:


I ENCONTRO SOLAR NA UDC (ADEGA)

Ademáis, ás 12:00h. no Salón de Actos da ETS Arquitectura (Campus da Zapateira), cunha hora e media de duración aproximada, terá lugar a conferencia:

Actuacións en melloras no uso da enerxía na UDC e novas propostas
Poñentes:

Jesús Giz Novo
 Enxeñeiro Industrial. Técnico Superior de Mantementos C e responsable de instalacións na UDC. Cunha traxectoria profesional con inquietudes no eido da sustentabilidade ambiental, experto en eficiencia enerxética de edificios de terciario e aplicación de enerxías renovables.


José M. Golpe Acuña
Técnico en Enerxías Renovables da FAEPAC. Experto en auditorías enerxéticas e análise de eficiencia
enerxética eléctrica e térmica. Docente en cursos de formación e poñente en numerosos foros sobre eficiencia
enerxética e enerxías renovables.

Ramses Pérez

Coordinador da equipa de educación ambiental de ADEGA (asc para a defensa ecolóxica de Galiza). Presentará o programa de educación ambiental  “Fogares Verdes” programa de acompañamento domiciliario cuxo obxectivo é a redución de auga e enerxía no fogar.

Share on Google Plus

0 comentarios: