O pasado xoves 18 de decembro tivo lugar a actividade de Plantación de Acevros que forma parte do proxecto de restauración participativa do Monte da Fraga da Oficina de Medio Ambiente da UDC coa colaboración da Asociación Ecoloxista ADEGA.
Nesta actividade plantáronse na zona da charca (detrás da Facultade de Ciencias) arredor de 75 acebos que foron doados por un particular. Foron colocados na zona próxima á estrada co fin de crear unha barreira natural que illara este espazo dos ruídos dos coches.
Debido ao temporal moitos destes acivros están tumbados coas raíces ao ar, polo que precisamos axuda para replantalos.
Esta zona estaba antigamente ocupada por eucaliptos que debido ós problemas que causaban nas instalacións cercanas e na natureza foron cortados en cursos anteriores. Na Oficina de Medio Ambiente estamos recuperando esta zona e plantando especies autóctonas como por exemplo os exemplares de acebo ( Ilex aquifolium) e en cursos anteriores que foron plantados o loureiro común (Laurus nobilis) e loureiro real (Prunus laurocerasus), carballos (Quercus robur ),castiñeiros (Castanea sativa) e tamén cerdeiras ( Prunus sp) e érbedos (Arbutus unedo) que contribúen favorablemente debido a que os paxaros se alimentan dos seus froitos.
Agradecemos a todas aquelas persoas voluntarias que participaron e animávosvos a todos a seguir colaborando nas vindeiras actividades.
Estes días subiremos ao monte se queres colaborar con nos envianos un correo a oma3@udc.es
Amosando publicacións coa etiqueta ambiental b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ambiental b>. Amosar todas as publicacións
23/12/2014
Consellos para un Nadal máis verde
A hora de comprar un regalo…
O modelo de consumo que se está a seguir promove un modelo
insostible ambiental, está en nós o intentar reducilo.
- - Deberemos reflexionar se é o que realmente se necesita.
- - E importante saber como foi fabricado e si a súa produción ha perxudicado o medio ambiente ou algún ser humano.
- - Sempre vai ser máis sostible comprar algo producido localmente.¡ Levantemos a artesanía local!
- - Non comprar xoguetes sobre embalados ou que usen pilas.
- - Mellor se son feitos con materiais naturais ou biodegradables.
O uso enerxético
está producindo graves problemas ambientais por iso, se pode aforrar poñendo en
práctica estes consellos.
- - Intentar reducir a utilización do coche e usar o transporte colectivo.
- - Regalar xoguetes que non utilicen pilas.
- - Se consumimos produtos locais aforramos toda a enerxía que se usaría no traslado. A temperatura da vivenda debe manterse acorde coa época del año. Non temos porque levar derse no verán e no inverno manga corta.
- - Desconectar os aparatos eléctricos cando no estean funcionando e usar electrodomésticos eficientes e prescindir de aquelos que sean innecesarios.
Os envases ou
embalaxes son un serio problema para o medio ambiente. Para fabricalos se
destrúen recursos naturais e se contamina a agua e a atmosfera. Ademais a súa
fabricación e reciclaxe consumen grandes cantidades de enerxía.
- - Pensar cantos residuos se xeran de aquelo que vamos a consumir.
- - Rexeitar as bolsas de plástico e usar as bolsas de tela ou o clásico carro da compra.
- - Evitar produtos enlatados ou alimentos que estean moi envasados.
- - Evitar las latas, y rexeitar los alimentos con muchos envases. ¡Volvamos as fiambreras ou os tarros de cristal!
- - Elixir produtos con envases retornables ou reutilizables.
- - Esquecémosnos dos produtos de limpeza de agora e volvamos os de antes. O xabón, vinagre ou limón son alternativas máis ecolóxicas e igual de eficaces.
- - Gardar o papel dos regalos xa que se pode usar noutra ocasión.
24/05/2012
CICLO DE CURTAMETRAXES DE TEMÁTICA AMBIENTAL
O vindeiro día 29 de Maio, ás 17:00 h., no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da UDC (Campus de Elviña), terá lugar a actividade "Ciclo de curtametraxes da temática ambiental", que pechará as xornadas do programa PRIMAVERA AMBIENTAL (se ben vos recordamos que queda pendente a celebración do Encontro Solar, que fora adiado e que terá lugar, previsiblemente o día 5 de Xuño).
Velaquí tendes a información das curtametraxes que poderedes ver:
Velaquí tendes a información das curtametraxes que poderedes ver:
The End (A fin)
Eduardo Chapero-Jackson / España / 2008 / Ficción / 26’ .
Sinopse: Unha familia americana de clase media debe loitar para sobrevivir nunha nación destruída pola falta de auga.
Premio ao Mellor Director no Festival de Málaga 2009.
La Canilla Perfecta (A canela perfecta)
Walter Tournier / Uruguay / 2008 / Animación / 7’
Sinopse: Humberto está obsesionado por inventar aparatos que aforren auga. Os resultados que obtén sempre son pouco prácticos e moitas veces perigosos. Tomás é un neno de 10 anos que vive no mesmo barrio e se sinte atraído polas sorprendentes actividades do inventor.
Paradise Later (O Paraíso máis tarde)
Ascan Breuer / Austria / 2010 / Ficción / 13’20’’
Sinopse: Dentro da mente dun comerciante viaxamos por un río que serpea a través dunha paisaxe apocalíptica. Unha corrente de pensamentos somérxenos nun remuíño de acusación, condena e autoinculpación e condúcenos de xeito frenético cara a un final fatídico.
Putti (Nena)
Jacob Varghese / India / 2008 / Ficción / 14’22’’
Sinopse: Unha historia de vidas construída arredor da necesidade máis primitiva do home desde o comezo da súa existencia. Que sucede cando a natureza deixa de ser o sustento?
Rain is Falling (Chove)
Holger Ernst / Alemaña / 2004 / Ficción / 15’
Sinopse: Unha rapaza ao coidado da casa e da súa nai enferma traballa duro para traer auga a casa. A auga, un elixir básico para a vida, é difícil de conseguir e pode converterse nunha ameaza. Pero a rapaza atopa unha solución sinxela.
Nominado ao Best European Short Film 2005
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)