A semana dos cogomelos na UDC é unha actividade que leva a cabo a asociación UDCbigbang coa colaboración de profesores expertos na materia. Esta semana estrutúrase nunha preparación previa, días de exposición e identificación de exemplares e con unha saída final para aprender a como levar a cabo unha óptima recollida tanto co medio como para a nosa alimentación posterior.
Os días 25, 26 e 27 de outubro realizáronse diversas saídas para a recolección de exemplares para a exposición da semana dos cogomelos situada na facultade de ciencias no Campus da Zapateira. Os lugares de recollida foron Monte da Fraga, Aranga, Cambre, Culleredo e Guitiriz. Esta parte do traballo foi levado acabo polos membros da asociación UDCbigbang.
O 28 de outubro, primeiro día da semana, realizouse a identificación tanto macroscópica como microscópica dos exemplares da man de José Antonio Díaz Núñez, Antonio Prunell e Elvira Sahuquillo, expertos en cogomelos. Identificáronse máis de 140 especies.
Foto 2: a identificación |
Do 28 ao 31 de outubro colocouse a exposición de cogomelos situada no primeiro andar da Facultade de Ciencias, un total de 156 especies de macrofungos, nas que se atopaban as especies comestibles máis apreciadas como Boletus edulis, Lactarius deliciosus, Cantharellus cibarius, entre outras. Tamén fungos moi perigosos para a nosa saúde como poden ser Amanita phalloides, Amanita muscaria, Paxillus involutus, entre outras. Tódalas especies estiveron acompañadas dunha ficha que recollía o nome científico, nome común, posición taxonómica e comestibilidade.
Foto 3: a exposición |
O 1 de novembro como peche da actividade fíxose unha saída ao Monte da Fraga guiada polos expertos José Antonio Díaz Núñez e Elvira Sahuquillo. A actividade durou 2 horas con normalidade e bo tempo. Foi unha saída moi didáctica na que se deron consellos clave para diferenciar algunhas especies comestibles e, sobre todo, coñecer ben os caracteres das máis perigosas. Observáronse unhas 40 especies como por exemplo: Boletus erythropus, Entoloma mengotti, Bolbitius titubans, Amanita muscaria, Russula nigricans, Laccaria amaethystina, Strophariaaurantiaca, Galerinasp, Macrolepiotaprocera, Tubariasp e Daedaleaquercin.
0 comentarios:
Publicar un comentario