Estamos vendo como o noso planeta se encamiña ao desastre polas malas accións e a indiferenza dos nosos gobernos. A xeración dos nosos pais está deixando que o cambio climático, a contaminación dos solos e augas, a extinción de miles de especies ou a destrución dos ecosistemas se converta nunha situación irreversible.
O noso futuro está hipotecado para que algúns sigan aumentando as súas fortunas. Os nosos bosques arden e os nosos polos desxéanse para pagar os luxos duns poucos.
Se amades aos vosos fillos, por qué deixades que isto aconteza diante dos nosos propios ollos? Por qué nos roubades o futuro?
Non é unha cuestión ideolóxica, nin relixiosa, nin de nacionalidades. Aféctanos a todos os habitantes do planeta. É a maior crise á que nos podemos enfrontar e necesitamos tratala como tal.
Con equidade e sen perder nin un minuto máis.
Os gobernos ignoráronnos. Decidiron non actuar. Pero quedaron sen escusas e nos sen tempo. Chegou o momento de cambialo todo.
O próximo domingo 28 de abril, os cidadáns españois poderán decidir nas urnas. Pedímosvos que estedes á altura do problema. Pensade en vos e en nos, pero sobre todo pensade no futuro da Terra.
Na Coruña e Ferrol decidimos dedicar a tarde do 25 de Abril a ocupar as calles e prazas da cidade, enchelas de berros, debates e sobre todo ganas de terminar dunha vez por todas coa aceleración cambio climático que estamos a provocar. Ás 18 horas, reunirémonos diante do Obelisco para facer unha marcha ata a Praza de María Pita onde nos concentraremos ás 19 horas fronte ó concello.
Queremos convidar a tódolos centros, estudantes, mestres, asociacións ou ONGs a unirse á marcha.
A acudir con pancartas, a vir en bicicleta, a traer ás vosas fillas, irmáns, nais, avoas, amigas, compañeiras...
Se formas parte dunha asociación, plataforma, ONG, tanto o xoves 25 coma calquera outro día, FridaysForFuture bríndache todo o seu apoio e visibilidade, para dar a coñecer as túas actividades.
O extinción de especies e o clima non frea, a terra non agarda,
e ti?
0 comentarios:
Publicar un comentario