25/03/2019

Proxecto Ríos: Inspección de primaveira

bolseirxs OMA-UDC
O PROXECTO RÍOS é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos ríos de Galiza. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsables da vixilancia do río que pasa polo seu municipio ou localidade.
Estas inspeccións realízanse dúas veces ao ano, primavera e outono, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos (www.proxectorios.org). É unha oportunidade para coñecer esta metodoloxía e aprender como protexer e desfrutar dos ríos, e un primeiro paso para crear un grupo autónomo de protección dos ríos.
Nós estudaremos o treito do río do Lagar situado entre o Edificio de Servizos Centrais de Investigación e a Facultade de Economía e Empresas. O río do Lagar nace nos montes da Zapateira e aliméntase de mananciais procedentes co Monte da Fraga e os campus da Zapateira e Elviña.

Datas: 1,3 e 4 de abril.
Horarios: de 11:00h a 13:00h ou de 15:00h a 17:00h. Apúntate na quenda que queiras!
Punto de encontro: Entrada da facultade de Economía e Empresa

Inscripccións (novo correo!):  bolseiros.oma.udc@gmail.com (indicando nome, NIF e quenda na que te inscribes). Só haberá 5 plazas por quenda, así que corre e inscríete.

Recordamos que hai a posibilidade de convalidación de créditos pola participación nas actividades da OMA, 1 crédito por cada 10 horas. 😉 

VÉMONOS!!


bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib