22/03/2019

22 de marzo: Día Mundial da Auga

bolseirxs OMA-UDC

Auga e Cambio Climático

Hoxe 22 de marzo, na Praza de María Pita (A Coruña) a partir das 19h poderemos partillar unha merenda sostible, onde todas as persoas achegarémonos cos nosos petiscos 100% ecolóxicos. Haberá tamén unha charla do colectivo “Agua sin huella” sobre como vivir con menos plásticos, e terminará a xornada con unha concentración na mesma praza.

A auga é un elemento esencial do desenvolvemento sustentable. Os recursos hídricos e todos os seus servizos xogan un papel chave na redución da pobreza e a sustentabilidade ambiental. A auga propicia o benestar da poboación e o crecemento inclusivo, e ten un impacto positivo na vida de miles de millóns de persoas, ao incidir en cuestións que afectan á seguridade alimentaria e enerxética, á saúde humana e ao medio ambiente.
Súmate á folga polo clima!!!




22 de marzo de 2019

Este ano a mensaxe céntrase en “Non deixar a ninguén atrás”: trátase de unha adaptación da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentábel: todas as persoas deben ter acceso á auga e beneficiarse do desenvolvemento sustentábel.
Hoxe en día millóns de persoas viven aínda sen auga potábel, no fogar, a escola, o lugar de traballo... e loitan por sobrevivire prosperar. A miúdo esquécense grupos marxinados: mulleres, nenos/as, refuxiados/as, poboacións indíxenas, persoas con discapacidade e moitos outros.
Unha das metas do Obxectivo 6 de Desenvolvemento Sustentábel (ODS 6) consiste en garantir a disponibilidade e a xestión da auga e o seu saneamento de aquí a 2030. Por definición, iso significa non deixar ninguén atrás.

Ilustracións da campaña 2019 do Día Mundial da Auga. De dereita a esquerda: auga para todas as persoas de idade, Auga para as persoas refuxiadas, Auga para a poboación rural. Imaxes de ONU Auga.


bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib