A actividade comezou cunha breve charla no
edificio de recepción, na que o persoal de Educación Ambiental de Puertas
Afuera, acompañado do persoal técnico da planta, nos explicou o funcionamento
da planta, que xestiona o 16% dos residuos de Galicia, procedentes da Cidade da
Coruña e Consorcio das Mariñas, distinguindo as seguintes fraccións:
- Contedor verde: Fracción Orgánica
- Contedor Amarelo: Fracción Inorgánica
- Contedor Verde (iglú): Vidro
- Contedor Azul: Papel e cartón
- Punto Limpo: Residuos de grande volume ou perigosos.
Tras a información inicial, o bus acercounos á
explanada de recepción dos camións e edificio Punto de Admisión. Está dividido
en varios fosos, dous deles destinados aos residuos de fracción orgánica. O
resto están destinados aos residuos de fracción Inorgánica.
Como dato destacable informóusenos que a planta de Nostián recolle e procesa unhas
550 toneladas de residuos diariamente, producidas por unha poboación de
400.000 habitantes aproximadamente.
Un dos conflitos principais cos que se atopa a
Planta de Nostián é a dificultade de transmitir á cidadanía a importancia da
separación en orixe.
Así, son destinadas a vertedoiro unhas 15
toneladas/h (xornadas de 16 h/día), o que supón mais do 43% de rechazo. O cómputo recolle unhas 6000 ton/mes de
fracción orgánica para destinar aos dixestores da planta, e unhas 1200 ton/mes de
envases que son destinados á venta para xestores como Ecoembes.
A continuación visitamos a sala de máquinas,
na que vimos o funcionamento por control remoto do pulpo de mestura e trasvase dos residuos.
Cóntase tamén con outras divisións específicas
dentro da planta: residuos de podas, voluminosos (colchóns, mobles...). O
persoal traballador da planta encárgase de forma manual de facer unha primeira
separación dos voluminosos, papel e cartón, envases. A continuación as
distintas fraccións son separadas por escaneo óptico, unha maquinaria específica
que identifica e separa os distintos materiais segundo as súas características.
Finalmente e xa desde o autobús, vimos o exterior dos edificios de
tratamento da planta, onde se atopa a chamada piscina de cortiza, destinada a absorber, na medida do posible, as
partículas de malos olores que proceden dos residuos de fracción orgánica.
Tamén nos ensinaron as denominadas praias
de residuos, onde se almacenan os residuos que foron rechazados. Ao lado destas,
estaban apilados unha serie de bloques residuos comprimidos, que serán enviados
a empresas comerciais que se encargan da súa xestión.
Cabe destacar que canto mellor sexa a
separación en orixe, mais eficiente será o tratamento que se lle pode dar aos
residuos, co obxectivo de diminuír as toneladas de rechazo que se envían
diariamente a vertedoiro.
Se tí separas, Nostián recicla.
Mais info:
- - Campaña Cada cousa no seu sitio, do concello da Coruña: para resolver dúbidas de que debemos depositar en cada colector: https://noseusitio.coruna.gal/
- - Modelos de xestión dos residuos en Galiza: Nostián, Barbanza e Sogama: https://sirga.xunta.gal/modelos-de-xestion
- - Compostaxe e xestión de residuos na UDC:
- https://www.udc.es/gl/sociedade/medio_ambiente/compostaxe/
Imaxes: Visitas dos días 8 e 15 de novembro. Á actividade asistiu alumnado e profesorado do Campus de Esteiro (Ferrol) e de Elviña (A Coruña), así como bolseiros/as da O.M.A. |
0 comentarios:
Publicar un comentario