20/11/2018

CRÓNICA DA VISITA A PLANTA DE DEPURACIÓN POR HUMIDAL DA UDC

bolseirxs OMA-UDC

O 14 de novembro tivo lugar no Monte da Fraga, unha visita guiada á planta piloto de humidais construidos da UDC, explicada pola equipa de investigación de Enxeñaría Química Ambiental (EnQA), Isabel Ruíz e Marta Sánchez.

Nestes sistemas de depuración de augas residuais, desenvólvense procesos físicos, químicos e biolóxicos que eliminan os principais contaminantes das Augas Residuais Urbanas (ARUs):  materia orgánica, sólidos en suspensión, nitróxeno, fósforo e mesmo contaminantes emerxentes como son os farmacéuticos.

Durante a visita técnica mostráronse as características dos humidais e o seu modo de funcionamento, e concretáronnos as liñas de investigación que se levan a cabo na actualidade no grupo de EnQA.

Algunhas das características e vantaxes dos humidais construidos como alternativa aos sistemas de depuración convencionais:

  • -    O investimento inicial que require este tratamento adoita ser mais baixo.
  • -    O mantemento é moi escaso, trátase de sistemas pasivos de depuración.
  • -    O gasto enerxético redúcese ao bombeo da auga e a súa recirculación, ambas características opcionais, aproveitando a forza da gravidade afórrase ata o 100% de enerxía.
  • -    Non precisa adición de produtos químicos de forma habitual, producindo moi poucas lamas.
  • -     A baixa (nula) producción de malos olores e a súa integración visual e paisaxística permite instalalos preto de vivendas.
  • -     Ademais da función de saneamento das augas residuais, nos humidais xenéranse espazos naturais con hábitats para fauna sensible, como as aves.

Mais info:





bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib