A Semana Europea de Prevención dos Residuos (EWWR, das
súas siglas en inglés para a European Week for Waste Reduction) é unha
iniciativa cuxo obxectivo é promover e implantar durante unha semana accións de
sensibilización sobre a xestión sustentable de residuos. Pretende concienciar á
sociedade sobre a prevención na xeración do lixo, fomentando tamén a
reutilización de produtos e a reciclaxe de materiais.
Este ano a EWWR celebrarase do 17 ao 25 de novembro, alentando a un amplo rango de público a
participar: administracións, entidades privadas, ONGs, sociedade civil e
persoas individuais de toda Europa.
A Oficina de
Medio Ambiente (OMA) súmase a esta convocatoria, organizando entre o 19 e o 23
de novembro unha serie de iniciativas na Facultade de Ciencias da Educación
(FCCEE):
·
19 de novembro
- Caracterización de residuos na Facultade, con participación das persoas
bolseiras da OMA, estudarase a composición das distintas fraccións do lixo in situ.
Informes de caracterización en cursos pasados: https://www.udc.es/export/sites/udc/_galeria_down/sociedade/medio_ambiente/compostaxe/CaractResiduos.pdf_2063069239.pdf
·
19 de novembro – 23 de novembro
- Exposición do lixo nos pasillos
da FCCEE, con paneis informativos elaborados polo alumnado do centro con
material reutilizado, e que recollerá tamén a mostra real da caracterización de
residuos, sensibilizando sobre a calidade da separación separada de residuos na
Facultade.
- Xornadas informativas nas aulas da FCCEE, sobre a recollida separada de residuos no modelo de
compostaxe da UDC e do Concello da Coruña, a cargo do persoal da OMA.
Na páxina web da EWWR pode consultarse esta acción e visualizala
no mapa europeo, no cal xa hai mais de 13.700 iniciativas rexistradas, e a OMA
está entre elas!
Para
participar e rexistrar alguna acción pode seguirse as instruccións na seguinte
ligazón: http://www.ewwr.eu/es
0 comentarios:
Publicar un comentario