A xornada comezou
as 15:30h diante da Facultade de Ciencias, onde as compañeiras de ADEGA fixeron
unha introdución sobre a problemática das EEI e os traballos previos realizados
neste eido no Monte da Fraga, traballos que se veñen desenvolvendo desde o ano
2010. No presente curso esta foi a primeira xornada de traballo de campo na
eliminación, que se realizou logo de actividades de formación e mapeado durante
os meses de outubro e novembro.
A actividade de
campo con voluntariado realizouse con ferramentas manuais, como sachos, palas,
tesoiras de poda, etc. Como reforzo tamén se achegou persoal de Desbromonte.org para mostrar ferramenta
adaptada específicamente á eliminación de EEI de forma manual.
Identificáronse
varias especies invasoras, como Cortaderia
selloana (Herba da pampa), Buddleja davidii (Flor das bolboretas), ou Phytolacca
americana (Herba tintureira).
O modus operandi,
como exemplo para a herba da pampa, logo de extraela, deixouse no mesmo oco
coas raíces cara arriba sen tocar o chan, evitando o novo enraizado e o
espallado de sementes.
Na xornada tamén
se fixo unha demostración da técnica do allo (Allium sativum) en tocóns de Buddleja, que
consiste en introducir un dente de allo nun oco do tronco (feito previamente con
axuda de taladro), e tapando con arxila. A toxicidade dos compostos
alelopáticos que libera o allo debilita a planta, que xa cortada a súa parte
aérea, termina por secarlle a raíz.
Mais info sobre
EEI:
- - Unha invasión silenciosa. A biodiversidade baixo ameaza
- - Manual Voluntariado Ambiental e Especies Exóticas Invasoras
- - Flora e fauna invasora nos ecosistemas acuáticos
Algunhas fotos da
xornada:
0 comentarios:
Publicar un comentario