04/10/2018

Benvidos/as ao novo curso!

Como cada ano, a Oficina de Medio Ambiente estará presente este curso académico 2018/19 na universidade da Coruña. Co obxectivo de ambientalizar os campus, este curso estará cheo de actividades abertas tanto ao alumnado da UDC coma ao resto de persoas.

Xa no pasado mes de septembro fixéronse varias actividades coma a Xuntanza de Benvida ao Alumnado á UDC o día 27, onde estiveron presentes diversas asociacións da universidade. Alí a OMA encargouse de darse a coñecer entre o novo alumnado, ofrecendo información dos diferentes eidos de traballo: biodiversidade, residuos e compostaxe, voluntariado ambiental... (mais info en http://www.udc.es/sociedade/medio_ambiente/). Nesta xornada tamén se fixo unha demostración de cociña solar, compartindo os petiscos entre as persoas asistentes, e un obradoiro de reutilización de papel co lema "2 caras, 2 usos" co obxectivo de darlle uso ás segundas caras dos folios que fican en branco.

Neste mes de outubro algunhas da actividades organizadas pola OMA serán as seguintes:
  • Día 17: Encontro Solar en Ferrol 
  • Día 18: Conferencia Plantas Exóticas Invasoras: xestión baseada no coñecemento das plantas
  • Día 19: Limpeza da Praia de Bens
  • Día 21: Bioblitz, descuberta da biodiversidade no Monte da Fraga
  • Dia 23: Demostración de metodoloxías de actuación sobre flora exótica invasora
  • Día 24: Proxecto Ríos no río Lagar
  • Día 25: Campamento de voluntariado para a eliminación das especies invasoras no Monte da Fraga.
Todas as actividades divulgaranse nas redes da OMA:

      - Web: http://www.udc.es/sociedade/medio_ambiente/
      - Blogue: http://medioambienteudc.blogspot.com/
      - Facebook: Oficina de Medio Ambiente UDC
      - Twitter: @OMA_UDC

Para máis información, mandade un correo a oma2@udc.es.

Vémonos nas actividades!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib