09/10/2018

Crónica da XI Limpeza Simultánea de Ríos



O pasado fin de semana tivo lugar a XI Limpeza Simultánea de Ríos na que participaron máis de 500 persoas que recolleron máis de 6 toneladas de lixo en 30 ríos do país.

O  venres 28 de setembro, a OMA da UDC encargouse da recollida de lixo no río Lagar ao seu paso polo Campus de Elviña. Arredor de 20 voluntarias e voluntarios déronse cita na rotonda do Campus ás 11 da mañá e percorreron a beira do río ata o lavadoiro de Elviña durante dúas horas e media, recollendo uns 100 kg de lixo aproximadamente. Aínda que a zona estaba mais ou menos limpa a simple vista, retiráronse residuos de abondo, a maioría deles de envases lixeiros, pero atopando tamén outros tipos como restos de vehículos e de materiais de construción.



Nunha próxima convocatoria incluída no Proxecto Ríos, prevista para o vindeiro 24 de outubro (convocatoria aberta á participación, anunciarase na web da OMA), farase a inspección deste treito do río Lagar, onde se tomarán datos da calidade físico-química e biolóxica da auga do río mediante o uso de indicadores como o pH, O2 disolto, diversidade de macroinvertebrados, bosque de riebeira, entre outros.




0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib