18/06/2018

VI ENCONTRO SOLAR 21 DE XUÑO


VI ENCONTRO SOLAR OMA-UDC
Aparcamento Xoana Capdevielle, Elviña.

Inscripción necesaria neste correo

21 de xuño 2018
__________________________________________________________________________________________

Por fin! despois de varios aprazamentos, xa podemos celebrar o VI Encontro Solar. 

O día escollido é o 21 de xuño, coincidindo co Solsticio de verán, día en que se celebra tamén o Día do Sol no hemisferio norte. 

Gustaríanos moito contar convosco para esta celebración, que todos os anos festexamos cun xantar colectivo, no que xuntamos preto dun cento de cociñas solares, dándolle visibilidade ao aproveitamento desta enerxía limpa e inesgotábel, e tamén, á degustación de pratos variados, riquísimos!

Como foi nas pasadas edicións?:
Bótalle unha ollada ao Timelapse do V Encontro SolarCrónica do V Encontro solarFotos de outras edicións...

Para participar só tes que anotarte no correo oma2@udc.gal e indicar:

- se queres participar como persoa individual ou che gustaría traer a un grupo.
- se xa tedes forno, ou se precisariades del (para isto anotádevos canto antes porque os préstamos de fornos voan...!)
- tamén podedes construir o voso propio forno! con unha caixa de cartón, moi sinxelo e aínda mais barato!
sigue as instrucións en: 
http://www.adega.gal/media/documentos/41-42.pdf
http://www.edu.xunta.gal/centros/cifpsomeso/node/770

Un requisito é usar pratos, vasos e cubertos non desbotables. Non ten lóxica participar nunha actividade de aproveitamento de enerxía limpa, aforro de recursos e protección do medio ambiente consumindo unha grande cantidade de recursos e xerando unha montaña de residuos por semos preguiceiros para traer os pratos de volta á casa.

Na xornada tamén se fará unha visita guiada ao CITIC, un edificio da UDC que se alimenta de enerxía solar grazas ás placas fotovoltaicas da súa cuberta. Será unha visita guiada por  J.M. Giz, Técnico Superior de mantementos da UDC. Inscricións e Punto de encontro: mesa da OMA, situada no Encontro Solar.

Durante a xornada contaremos co asesoramento de Juan Bello, experto en cociña solar, especialmente para quen se estea iniciando no tema.

programa completo da xornada será o seguinte:

10:00h  Montaxe dos fornos, cociñas e exposición dos aparellos solares.
11:30h  Introducimos a comida nos fornos e cociñas.
12:30h  Enerxía solar fotovoltaica: Visita a cuberta CITIC.
15:00h  Xantar colectivo e degustación de comida solar.
16:30h  Recollemos.

E para quedar convencidas, convidámosvos a partir das 13:30h aos petiscos que vaian saindo dos fornos!!

Calquera cuestión, non dubidedes en contactar con nós.

CELEBRA O SOLSTICIO DE VERÁN APOIANDO AS ENERXÍAS RENOVÁBEIS!!

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib