Data: venres 8 de xuño
Horario de 11:30 a 14h.
Co motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos, o venres 8 de xuño a Oficina de Medio Ambiente, ADEGA e a asociación Mar de Fábula organizamos unha limpeza simultánea de praias que se desenvolverá na Praia de Bastiagueiro (Oleiros) e na Praia de Caranza (Ferrol) cuxos campus universitarios están integrados no proxecto europeo Green Campus, e na praia de Bens na Coruña.
O obxectivo desta xornada é concienciar á poboación sobre a problemática da contaminación mariña, que se adopten actitudes que contribúan á diminución do uso dos plásticos e, sobre todo a evitar que estes cheguen ao medio mariño.
Cada ano millóns de toneladas de residuos (entre 8 e 10M, principalmente plásticos) rematan nos océanos. A presenza de refugallos no mar estase a converter nun mal endémico, que transcende do seu efecto prexudicial sobre as especies mariñas, para se converter nun problema que afecta á saúde pública e á economía.
Ante a proximidade da festividade do San Xoán gostarianos lembrarvos que celebredes esta festa sen estragar o medio natural, evitade os plásticos e vaixela dun só uso e sobre todo, que non rematen no mar!!
Perseguindo a sensibilización medioambiental da sociedade, convidamos a unirvos a esta limpeza de praias.

Se estades interesadas/os nesta actividade é preciso inscribirse no seguinte correo:
oma2@udc.es co voso NOME+DNI. Indica tamén en que praia queres participar!!
Nota: Recoñecemento de créditos para estudantes de grao da UDC: 1C por cada 10 h de participación en actividades da OMA.
PRAIAS:

- Caranza (Ferrol). Coordena Campus de Ferrol/ ADEGA.
- Bastiagueiro (Oleiros). Coordena Campus de Oleiros /ADEGA
- Bens (A Coruña). Coordena Mar de Fábula.
Web de ADEGA
Web de Mar de Fábula
Web da OMA
0 comentarios:
Publicar un comentario