Manchando as mans
As voltas das vacacións atopámonos cunha semana repleta de actividades!
- Mañá 3/04: Pegada ecolóxica na Facultade de Ciencias da Educación, con Pedro Vega, de 11:30 a 14:00
- Mércores 4/04: Proxecto ríos, enfrente da facultade de económicas, podendo escoller horarios: de 12-14 ou de 15-17 (NECESARIO INSCRIBIRSE EN oma2@udc.es
- Xoves 5/05: Conferencia: "Residuos urbanos e o futuro de Nostián: mellores recollidas, máis reciclaxe", as 12:15 no salón de actos. Fac. Ciencias A Zapateira
Tamén seguimos coa recollida de firmas para a ILP Bosques, os horarios desta semana serán os seguintes:
- 3/04: facultade de ciencias da educación, de 15:30-17:30
- 4/04: facultade de económicas, de 11-13
- 5/04: na escola de camiños de 16-18 e na facultade de socioloxía de 18-19
Por último ir destacando as actividades das vindeiras semanas! Onde seguiremos coa construcción dos fornos solares (martes, 10 de abril), teremos unha visita a nostián (martes, 17 de abril) e remataremos cun novo encontro solar! (xoves, 26 de abril), pronto oiredes novas!
0 comentarios:
Publicar un comentario