22 de Marzo, Día Mundial da Auga.
Coa conferencia ‘Auga e sustentabilidade ante a mudanza global’ a OMA facemos un chamamento á comunidade universitaria á importancia no uso responsábel da auga.
Hoxe ás 12:45h, na E.T.S. de Camiños, Canais e Portos, da man de Fco. Díaz Fierros, teremos a oportunidade de aprender e debater sobre a problemática do recurso auga e como facer unha xestión sustentábel do mesmo.
O cambio climático acrecentará os problemas xa existentes de eventos extremos, enchentes e secas, polo que precisamos reducir o noso consumo de auga e facer un uso máis racional da mesma.
Os organismos internacionais consideran 50 litros por persoa e día, os necesarios para unha vida digna. A pesar de que en moitos países non se chega a esta cantidade, en Galiza a media de gasto é de 124 L/persoa e día.
Nun día coma hoxe, convidámosvos a reflexionar sobre o noso gasto persoal de auga: empregamos a que necesitamos ou despilfarrámola?
Son os pequenos xestos do fogar os que marcan a diferenza, xa sexa pechar a billa mentres lavamos os dentes, poñendo aireadores nas nosas billas, empregando cisternas de dobre carga, non tirar lixo pola cisterna (milleiros de toalliñas chegan diariamente ás depuradoras, complicando enormemente a depuración das augas e atascando as tubarías).
Hábitos sinxelos, que axudan a que o medioambiente sufra menos no día a día. Só fai falla vontade!
0 comentarios:
Publicar un comentario