No salón de actos tivemos o pracer de escoitar a Damián, de Habitat, que nos explicou as características máis básicas da caixas niñoen función de cada especie e fixo un percorrido pola fauna ornitolóxica que se pode avistar nos Campus de Elviña e da Zapateira, explicandonos os cambios que sufriron estas veigas e como lle afectaron aos paxaros que nelas habitaban.
A continuación, Ramsés, de ADEGA, explicounos os mellores lugares para a súa instalación, e tamén nos presentou outras tipoloxías de caixas para outras especies, como podían ser os morcegos, das que temos instaladas un par delas no Campus da Zapateira.
Durante a exposición, foron varios os asistentes que se interesaron polo uso das caixas niño para outros ámbitos, relacionados por exemplo co control da vespa velutina.
Acto seguido, como estaba programado, saimos ao espazo que hai entre Arquitectura e Ciencias, onde estaban instalados tres caixas niño. Tras unha revisión volvemos colocar as que estaban en bo estado e levamos para arranxar aquelas que non estaban nas mellores condicións.
Nas caixas atopamos distinto material que as aves utilizaron para facer os seus niños, pero tamén pequenos niños primarios de avespas velutinas, ademáis de insectos e arácnidos.
Todas as fotografias no seguinte enlace: Fotos
0 comentarios:
Publicar un comentario