Blog dedicado as actividades que realiza a oficina medioambiental da Universidad da Coruña

CRÓNICA DA VII XORNADA DA SUSTENTABILIDADE

O pasado día 1 de decembro celebrouse na Facultade de Dereito a VII Xornada da Sustentabilidade, promovendo entre os universitarios da Coruña uns hábitos de consumo menos agresivos para o medio ambiente ao longo do ano, e en especial nestas datas de Nadal onde o consumismo nos invade por todas partes. 



Durante todo o día, houbo un gran número de obradoiros, coloquios, exposicións das distintas asociacións que participaron. Tamén o persoal bolseiro da OMA mostrou parte do seu traballo e animou a xente a participar nas actividades que se organizaban, informando do contido, horario e repartindo ao mesmo tempo un pequeno agasallo para este Nadal: un libriño de papel reutilizado. Alí estiveron Arquitectura sen fronteiras, Mar de mares, Grupo naturalista Hábitat, CEIDA, Equus Zebra, Mobilízate pola selva, Enxeñería sen fronteiras, Mulleres colleiteiras, Espiga, asociación Mobi-Liza por unha mobiidade sustentable, Oficina de Cooperación e voluntariado da UDC, CIFP Someso xunto con Juan Bello que nos mostrou a exposición de fornos solares e ADEGA.


Durante o turno de mañá, os compañeiros da Oficina de Voluntariado da UDC enseñaronnos a facer macetas autorreglables (todo un éxito entre os asistentes) e productos de limpeza. Mobiliza propuxo un contacontos sobre mobilidade en bicicleta e Habitat axudounos a facer as pegadas de fauna ao longo de toda a mañá! Gústavos a nosa macetiña? 


Pola tarde comezamos co obradoiro impartido por ADEGA para facer xabón e cosméticos naturais. Que ben ulía o bálsamo labial de laranxa... 


Seguimos rápidamente coa charla que nos ofreceron dende VdeVegetal sobre alimentación saudable e aprendemos moitísimas cousas sobre o que comemos e fomos pechando a xornada co curso que impartiu Mobiliza sobre ergonomía e mecánica basica da bicicleta e puxemos o final cos amigos de Enxeñaría sen Fronteiras e Amigos da Terra que nos falaron sobre a obsolescencia programada! 









Todas as fotografías da xornada no seguinte enlace da Xornada 

Arquitectura sen Fronteiras- http://galicia.asfes.org/
Grupo naturalista hábitat- http://gnhabitat.blogspot.com.es/
Oficina de Voluntariado da UDC http://www.udc.es/ocv/?language=es
Mobilízate pola selva- http://www.movilizateporlaselva.org/es/
Enxeñería sen fronteiras- http://esfgalicia.blogspot.com.es/

Calquera dúbida que teñades, estamos no noso mail, no facebook ou twitter! Vémonos para a seguinte! 




Share on Google Plus

0 comentarios: