Xornada de Sustentabilidade
Facultade de Dereito-Elviña
1 de decembro
A Oficina de
Medio Ambiente da UDC vai celebrar a VII Xornada da Sustentabilidade o próximo
1 de decembro na Facultade de Dereito.
Obradoiros
Durante todo o día haberá distintos obradoiros gratuítos. Se queres
participar en algún obradoiro, inscríbete en oma3@udc.es.
Charla Obsolescencia Programada
Póla tarde, ás 18 horas,
será un dos pratos fortes da xornada coa charla sobre Obsolescencia programada de man de Amigos da Terra e
Enxeñaría sen fronteiras. No salón de graos da facultade.
Sabes que relación hai entre os nosos aparellos electrónicos e o Congo? Qué
relación existe coa obsolescencia programada? É posible unha electrónica ética?
A estas preguntas que tantas veces te fixeches, moitas veces sen resposta,
tentarán respostar os compañeiros de Amigos da Terra e de Enxeñaría sen
Fronteiras.
Despois da emisión do programa de Salvados no Congo, evictims, sobre os
efectos do consumo masivo de tecnoloxía que facemos en occidente, estas dúas
organizacións seguirán afondando nas implicacións deste consumismo, a súa
relación ca obsolescencia programada e se existen alternativas como a
electrónica ética.
María Fernández, de Amigos da Terra, achegaranos ao fenómeno da
obsolescencia programada así como as súas implicacións sociais e ambientais no
uso dos recursos naturais no norte e no sur. Así mesmo, tamén se mostrará a
vinculación da obsolescencia ca redución, reutilización e a reciclaxe de
residuos.
Por outra banda, Pepe Vara, de Enxeñería sen Fronteiras, comentarannos de
como afecta este concepto aos aparellos eléctricos e se realmente é posible
falar de electrónica ética.
Na mesma liña de dar alternativas, Amigos da Terra, presentará o
proxecto Alargascencia así
como medidas sinxelas e prácticas que todos e todas podemos levar a cabo.
Ao longo da charla proxectaranse dous cortos, "Longa vida á materia" onde se explica dun xeito breve e
didáctico o proxecto Alargascencia dende
o punto de vista dun dos establecementos que participa. E por outro lado tamén
se mostrará un corto de animación sobre electrónica ética.
Durante todo o día, haberá organizadas distintas
actividades.
- Mercadiño de troco, para o intercambio de roupa.
- Campaña reutilizando papel “duas caras, dous usos”- fai o teu caderno reutilizado na mesa da Oficina de Medio Ambiente
- Exposición de recursos didácticos para a Enerxía Solar do CIFP Someso con Juan Bello
- Exposición sobre o Cambio Climático do CEIDA
- Mesa de divulgación científica sobre invasoras coa UDC Big-Bang
Feira de Asociacións
Durante todo o
día distintas asociacións presentarán as súas actividades na entrada da
Facultade. ADEGA, GN- Hábitat, Amigos da Terra, MOBI-LIZA, Oficina de
Cooperación e voluntariado, Oficina de Medio Ambiente, CEIDA, Arquitectura sen Fronteiras, Mulleres colleiteiras,
Espiga bioconstrución, CIFP Someso, Enxeñaría sen Fronteiras.
Programa da xornada |
0 comentarios:
Publicar un comentario