Dende a Universidade Autónoma de
Barcelona, recibimos un proxecto para a mobilidade sustentable nas
universidades europeas.
Como universidade que
somos, dende a Oficina de Medio Ambiente da UDC queremos unirnos a esta
iniciativa que plantexan.
Existe unha Rede Europea de Universidades póla Mobilidade
Sustentable, da cal vos deixamos o seguinte enlace.
O principal obxectivo do proxecto LIFE U-MOB é a creación
dunha rede universitaria para facilitar o intercambio e transferencia de
coñecementos sobre as mellores prácticas de mobilidade sostible entre
universidades europeas. Esta rede pode servir como unha ferramenta para a
redución das emisións de CO2, debido á mobilidade da comunidade universitaria.
Durante 2 ou 3 días, a Universidade Autónoma de
Barcelona vai ser un centro internacional de transferencia de coñecementos e de
redes entre universidades europeas sobre as prácticas de mobilidade sostible.
UAB convida todas as universidades europeas a participar.
Animámosvos a participar!
0 comentarios:
Publicar un comentario