A
Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña, OMA-UDC, está
a colaborar coa iniciativa ambiental Móllate!
Acción educativa en defensa dos océanos,
presentada aos medios pola concelleira de Medio Ambiente o pasado
xoves 2 de xuño. Este programa, impulsado por Festival Mar de Mares
é unha ferramenta para espertar a conciencia, especialmente a da
mocidade, que ten como obxectivo acadar unha celebración de San Xoán
sustentable, na que se busca a corresponsabilidade cidadá e combater
a acumulación de residuos producidos nesa noite meiga. Nesta
iniciativa, ademais da OMA, participan os IES Menéndez Pidal, Urbano
Lugrís, Eusebio da Guarda, o CIFP Ánxel Casal e a área de
Educación Social da UDC.
Entre
as actividades que se están a levar a cabo nesta campaña, ata a
noite do 23, poderemos atopar pola cidade unha furgoneta surfeira
na que se reparte información sobre como ter unha actitude
responsable na noite meiga, escoitaremos locucións de radio de
sensibilización co medio, e colocaremos lonas reivindicando un San
Xoán sustentable.
Móllate
comprende tamén unha campaña fotográfica nas redes sociais que ten
o obxectivo de chamar á acción para conseguir entre todas e todos
un San Xoán máis responsable e tan divertido coma sempre. Se este
tema che importa e queres poñer o teu gran de area, só tes
que subir aos teus perfís nas redes sociais a túa acción para
colaborar nun San Xoán sustentable baixo os hashtags #Móllate
e #SanXoán2016.
Na sección Molladuras
deste blog podes ver algunhas propostas e engadir as túas.
Lembra, ti atopaches unha praia, non deixes un
vertedoiro.
Máis
info:
Páxina
web da iniciativa Móllate!: http://festivalmardemares.org/mollate/
Páxina
web do San Xoán na Coruña: http://sanxoancoruna.es/
Facebook:
Festival Mar de Mares; Oficina de Medio Ambiente UDC
Presentación
da Exposición fotográfica Móllate! na aula de estudo Xoana
Capdevielle da UDC
0 comentarios:
Publicar un comentario