Desde
o programa Green-Campus da Escola Universitaria de Arquitectura
Técnica (EUAT) e Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSA),
seguindo coa campaña de aforro de auga
da Oficina de Medio Ambiente da UDC (OMA), instalouse un sistema de
redución de caudal en determinadas billas das dúas facultades.
A
través desta campaña, búscase promover a conciencia ecolóxica e
de aforro dun recurso fundamental e básico como é a auga.
Deste
xeito, preténdese reducir o consumo de auga nas instalacións e
actividades universitarias, así como a transmisión dunha mensaxe
que leve ao coidado deste prezado ben en tódolos ámbitos da vida.
O
sistema de aforro escollido foi a instalación de perlizadores
eficientes para reducir o caudal das
billas, despois de seleccionar entre diferentes modelos dispoñibles
no mercado os que dispensaban o caudal máis axeitado. Os
perlizadores son uns elementos dispersores que mesturan aire con auga
apoiándose na presión, reducindo de este modo o consumo de auga.
Colocáronse
en total 24 perlizadores, repartidos polos diferentes baños da
planta soto e a planta primeira da EUAT, e polas plantas -1 e
primeira do edificio de departamentos da ETSA. Estes perlizadores
permiten ter un consumo de auga de 1,9 litros por minuto, fronte aos
8,6 L/min que se consumían anteriormente. Acádase así unha
redución do 78% no gasto de auga nos lavabos.
Imaxe:
Perlizadores colocados na EUAT e na ETSA.
0 comentarios:
Publicar un comentario