Desde 11 de maio, a exposición itinerante “Pegada Ecolóxica e Mobilidade” estará situada
na ETS Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, no campus de Elviña.
Esta exposición realizada pola Sociedade Galega de
Educación Ambiental (SGEA) a partir do informe da “Pegada e débeda ecolóxica.
Situación en Galiza. 2007”, elaborado
pola Federación Ecoloxista Galega (FEG), e do estudo sobre a pegada ecolóxica
na UDC elaborado por esta Universidade, e financiado pola UDC e a Xunta de
Galicia, consta de 16 paneis que achegan información á comunidade universitaria
sobre os seguintes temas, entre outros:
· Que é a Pegada Ecolóxica.
· Cálculo da túa pegada ecolóxica.
· A Débeda Ecolóxica.
· A Pegada Ecolóxica no Mundo, en Galiza e na UDC.
· A Pegada da Mobilidade na UDC.
· Solucións
en Galiza: Que se pode facer a nivel estrutural? Que podemos facer nos?
Esta é unha exposición que a Oficina de Medio Ambiente da UDC (OMA-UDC) pon a disposición de toda a comunidade universitaria. Os centros, colectivos e calquera outra persoa da UDC poden dirixirse á Oficina de Medio Ambiente (oma@udc.es), para solicitar e reservar esta exposición. Máis información na páxina web da UDC:
https://www.udc.es/sociedade/medio_ambiente/pegada_ecoloxica/
https://www.udc.es/export/sites/udc/_galeria_down/sociedade/medio_ambiente/pegada_ecoloxica/expoPegadaEcoloxica.pdf
0 comentarios:
Publicar un comentario