14/04/2016

CRÓNICA DO OBRADOIRO DE CONSTRUCCIÓN DUN FORNO SOLAR.

bolseirxs OMA-UDC
O pasado mércores 13 de abril tivo lugar o obradoiro de construción de fornos solares con caixas de cartón impartido por Juan Bello, experto en cociña solar e profesor de edificación e obra civil do CIFP de Someso. Arredor dunhas vinte e cinco persoas construímos os nosos fornos. 
O obxectivo desta actividade é coñecer e experimentar coa enerxía solar, que culminará coa celebración do IV ENCONTRO SOLAR, onde cociñaremos co forno que construímos hoxe. O Encontro Solar terá lugar, se a meteoroloxía o permite, o 4 de maio no aparcamento do Edificio Xoana Capdevielle. Isto confirmarase no blog da OMA o luns día 2 de maio, e se a previsión é de choiva, adiarase para o seguinte mércores, 11 de maio.
A xornada comezou cunha charla introdutoria onde se explicaron os distintos mecanismos que hai para cociñar co sol, as súas utilidades e beneficios. Nun ano o sol envía a terra catro mil veces a enerxía que consumimos, por iso debemos aproveitar este recurso natural inesgotable que temos sempre á nosa disposición.
Unha vez feita a introdución, comezamos coa construción do forno. Os participantes agrupáronse cada 2 – 3 persoas para realizar o forno solar. O custo medio dun forno solar é de 4€ e a temperatura que pode acadar é de 150º, dependendo da cantidade de illamento que se lle poña. Se queredes construír un forno solar na vosa casa é moi sinxelo, seguindo as instrucións das páxinas web que indicamos abaixo.
Para rematar o obradoiro, Juan Bello deunos unha serie de consellos para cociñar coa enerxía solar, tempos de preparación, receitas que se poden elaborar, e ensinounos algunhas imaxes das diferentes comidas que se prepararon na pasada edición do III Encontro Solar: o grupo de participantes quedamos con ansias de poder participar no Encontro o día 4 de maio para así degustar as receitas de cociña solar!!

-        Para máis información sobre esta e outras actividades organizadas pola OMA, así como para confirmación de datas para o IV Encontro Solar: http://medioambienteudc.blogspot.com.es/
-        Instrucións para a construción dun forno solar:
- Álbum fotográfico do III Encontro Solar (2015) na seguinte ligazón: https://picasaweb.google.com/105713614573572913754/IIIEncontroSolar2015?feat=directlink

PROGRAMA DO IV ENCONTRO SOLAR (2016):
Data e hora: 4 de maio, de 10:00 a 16:30.
Lugar: aparcamento do edificio Xoana Capdevielle da UDC.
10:00h Montaxe dos fornos, cociñas e exposición dos aparellos solares*.
12:30h Enerxía solar fotovoltaica: Visita a cuberta CITIC*.
14:00h Xantar colectivo e degustación de comida solar*.

*Inscricións a través de google forms (pincha aquí)

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib