O próximo 13 de abril
no edificio LERD da UDC, a OMA en colaboración con ADEGA organizan un obradoiro
de fornos solares a partir de caixas de cartón, onde cociñar alimentos coa
enerxía do sol. Este forno funcionará tamén como unha maqueta
de investigación bioclimática.
Este obradoiro será impartido por Juan
Bello, experto en cociña solar e profesor do departamento de edificación
e obra civil do CIFP Someso.
Cada vez é máis necesario aforrar enerxía tanto por razóns ecolóxicas como
económicas, e tamén deste xeito poderemos ser un pouco máis autosuficientes,
mais sobre todo sermos conscientes das posibilidades e o potencial da enerxía
solar e do acondicionamento pasivo e construción bioclimática.
O obxectivo deste obradoiro é construír un forno que poidamos utilizar para
cociñar, e que nos propomos estrear o día do ENCONTRO SOLAR que será o 20
de abril (en función da climatoloxía), cando organizaremos un encontro de
cociñeiras e cociñeiros solares onde degustaremos os diferentes pratos solares
!!!
Para asistir ao obradoiro é necesario:
-
Traer unha caixa de cartón cunhas
dimensións aproximadas de 60x60 cm e unha altura entre 25-30cm, e un bo lote de
cartón adicional, suficiente para facer o illante.
Podes descargar as instrucións para facer este forno nas seguintes ligazóns:
Algunhas fotos dos fornos construídos o curso pasado e do resultado no III
Encontro Solar, nas seguintes ligazóns:
Participa e ven a prepararte ao obradoiro, despois cociñaremos todas e
todos xuntos co sol !!!
Data e Lugar: 13 abril, LERD da UDC.
Horario: 15:30-18:30 h.
0 comentarios:
Publicar un comentario