05/04/2016

A Pegada Ecolóxica chega á Facultade de Ciencias da Saúde

bolseirxs OMA-UDC
Desde o 4 ata o 22 de abril, a exposición itinerante “Pegada Ecolóxica e Mobilidade” estará situada na Facultade de Ciencias da Saúde, no campus de Oza.
Esta exposición realizada pola Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) a partir do informe da “Pegada e débeda ecolóxica. Situación en Galiza. 2007”, elaborado pola Federación Ecoloxista Galega (FEG), e do estudo sobre a pegada ecolóxica na UDC elaborado por esta Universidade, e financiado pola UDC e a Xunta de Galicia, consta de 16 paneis que achegan información á comunidade universitaria sobre os seguintes temas, entre outros:

·        A Crise Ambiental.
·         Que é a Pegada Ecolóxica.
·         Cálculo da túa pegada ecolóxica.
·         A Débeda Ecolóxica.
·         A Pegada Ecolóxica no Mundo, en Galiza e na UDC.
·         A Pegada da Mobilidade na UDC.


·         Solucións en Galiza: Que se pode facer a nivel estrutural? Que podemos facer nos?
Esta é unha exposición que a Oficina de Medio Ambiente da UDC (OMA-UDC) pon a disposición de toda a comunidade universitaria. Os centros, colectivos e calquera outra persoa da UDC poden dirixirse á Oficina de Medio Ambiente (oma@udc.es), para solicitar e reservar esta exposición. Máis información na páxina web da UDC:



bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib