04/03/2016

A Pegada Ecolóxica chega á Facultade de Informática.

bolseirxs OMA-UDC
Se aínda non tes claro que é a Pegada ecolóxica, como contribuímos coas nosas actividades cotiás ao seu aumento, e cal é a pegada da UDC e de Galiza, xa podes visitar a exposición itinerante "Pegada Ecolóxica e Mobilidade", composta pola Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) a partir do informe da “Pegada e débeda ecolóxica. Situación en Galiza. 2007", elaborado pola Federación Ecoloxista Galega (FEG), e financiada pola UDC e a Xunta de Galicia. Poderás atopala na Facultade de Informática desde o 25 de febreiro ata o 18 de marzo.
Esta exposición conta con 16 paneis nos que podes atopar información, entre outras cousas, sobre:
- A Crise Ambiental
- Que é a Pegada Ecolóxica
- Cálculo da túa pegada ecolóxica
- A Débeda Ecolóxica
- A Pegada Ecolóxica no Mundo, en Galiza e na UDC
- A Pegada da Mobilidade na UDC
- Solucións en Galiza: Que se pode facer a nivel estrutural? Que podemos facer nos?

Esta é unha exposición que a Oficina de Medio Ambiente da UDC (OMA-UDC) pon a disposición de toda a comunidade universitaria. Os centros, colectivos e calquera outra persoa da UDC poden dirixirse á Oficina de Medio Ambiente (oma@udc.es), para solicitar e reservar esta exposición. Máis información na páxina web da UDC: https://www.udc.es/sociedade/medio_ambiente/pegada_ecoloxica/


bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib