09/03/2016

CRÓNICA XORNADA DE BIOCONSTRUCIÓN

bolseirxs OMA-UDC
O pasado día 2 de Marzo, un grupo dunhas 25 persoas acudimos a xornada de bioconstrucción, organizada pola Oficina de Medio Ambiente da UDC xunto coa Asociación Ecoloxista ADEGA, na que visitamos o Módulo experimental Biovalvo e módulo de mobiliario urbano BanCob, ambos na UDC, e módulo bioclimático A Vieira, no CIFP de Someso.
O  día 16 de Marzo, tivo lugar a segunda edición da xornada debido ao éxito da primeira

As dúas xornadas comezaron ás 15.30h diante da facultade de Empresas, coa recepción dos asistentes e a  presentación a mans dunha compañeira da OMA.
En primeiro lugar dirixímonos ao Módulo experimental BIOVIVALVO, no que Belén González e Carolina Martínez (Grupo GCons-UDC) nos explicaron como foi a construción do módulo empregando cunchas de mexillón (residuo moi abundante en Galiza) e os problemas que atoparon, os tratamentos previos para poder empregalos, tamaños e as probas que se realizaron, como por exemplo cambiar as proporcións de cunchas empregadas.

A continuación dirixímonos ao Módulo de mobiliario urbano BANCOB, no que Víctor González (Asociación ESPIGA) explicounos en que consiste a técnica de COB, como xurdiu a idea da realización do banco e como se levou a cabo mediante obradoiros, así como as problemáticas que foron atopando durante a realización.

Finalmente, dando un pequeno paseo duns 10 minutos, no que aproveitamos para comentar o aprendido sobre estas interesantes construcións, achegámonos ata o CIFP de Someso, no que nos recibiu Juan Bello. En primeiro lugar fixemos unha visita guiada á exposición sobre Bioconstrución e Fornos Solares localizada no interior do CIFP, e a continuación coñecemos o Módulo bioclimático experimental  A VIEIRA, unha construción realizada con balas de palla, recubrimentos de barro e cuberta axardinada, na que puidemos ver os datos dos sensores de humidade e temperatura rexistrados, para darnos conta do bo comportamento climático desta construción experimental.

Como conclusión, desde a OMA quedamos moi satisfeitas/os coa actividade, tanto coa motivación dos tres representantes das construcións, como coa participación do persoal inscrito. Por iso é que, tendo en conta que ao tratarse de visitas técnicas con número de prazas limitado e moita xente quedou sen poder realizar a visita, estamos a traballar na organización dunha segunda edición desta xornada. Polo que, continuade atentas/os ao noso blog e facebook para anotarvos á seguinte convocatoria!!


No noso facebook podes ver o album da xornada. Esperamos que vos guste. 

https://www.facebook.com/media/set/?set=a.1005935726145262.1073741852.118001034938740&type=3&uploaded=26
Na seguinte ligazón pódese acceder ao álbum fotográfico da segunda edición da xornada de bioconstrución. 




bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib