Dentro da Campaña para promover o uso do
papel reciclado na UDC, o grupo de bolseiras/os da OMA estivemos a renovar os
cartaces que nos recordan cales son as vantaxes do papel reciclado, nas
reprografías dos Campus de Elviña e A Zapateira, e as caixas onde podedes
depositar e recoller os vosos folios usados por unha soa cara, nas bibliotecas
e aulas de informática das facultades.
Desde a Oficina de Medio Ambiente,
queremos recordar a comunidade universitaria da UDC que tanto o PREZO como a CALIDADE
do papel reciclado é o mesmo que o do papel de fibra virxe.
A única diferenza é que supón un grande AFORRO
AMBIENTAL, xa que por cada tonelada de papel reciclado aforramos...:
ü 33% da enerxía
ü 17 árbores
ü 28 mil litros de auga
ü 25 metros cúbicos de desperdicios
ü 27 kilogramos de contaminantes.
ü 17 árbores
ü 28 mil litros de auga
ü 25 metros cúbicos de desperdicios
ü 27 kilogramos de contaminantes.
Con un pequeno cambio nos hábitos de
consumo de papel pódense obter grandes resultados. ÚNETE A CAUSA!!
Unha das novas caixas de "2 caras,
2 usos", situada na ETSAC
Para máis información, podes consultar e
descargar as seguintes publicacións elaboradas pola OMA:
ü
Tríptico sobre " Consellos para o aforro de papel e de
enerxía na UDC: Ti tamén podes axudar ao planeta!!". http://www.udc.es/export/sites/udc/_galeria_down/sociedade/medio_ambiente/pegada_ecoloxica/TRIPTICO_AFORRO_DE_ENERXIA_PAPEL.pdf
ü
Publicación sobre “Compra pública verde
de papel: guía para os órganos de contratación e @s usuari@s da UDC " http://www.udc.es/export/sites/udc/_galeria_down/sociedade/medio_ambiente/pegada_ecoloxica/GUIA_COMPRA_VERDE_PAPEL.pdf
0 comentarios:
Publicar un comentario