18/02/2016

CRÓNICA DA PRESENTACIÓN AOS PREMIOS DE VOLUNTARIADO UNIVERSITARIO DA MUTUA MADRILEÑA

bolseirxs OMA-UDC
A fundación mutua madrileña puxo en marcha este 2015/2016 os III Premios ao Voluntariado Universitario, nos que a OMA e ADEGA participaron presentando o proxecto  de “Reforestación participativa no Monte da Fraga”. Có obxectivo de recuperar e conservar a biodiversidade deste espazo natural, o grupo de voluntariado levou a cabo actividades como a eliminación de plantas exóticas invasoras, reforestación con especies de árbores autóctonas, plantación de aromáticas, e creación de espazos dedicados á recuperación da fauna.
Houbo máis de 100 participantes neste concurso. O noso proxecto non foi seleccionado entre os premiados, mais iso non nos desanima a seguir traballando. A participación supuxo unha maior visibilidade da nosa actividade máis aló da UDC, mediante a reprodución do vídeo que elaboramos na web da Mutua Madrileña e no blog da OMA.
Así, neste curso seguiremos traballando no Monte da Fraga, intentando transmitir unha maior sensibilidade ambiental á sociedade, sendo este o obxectivo último das actividades realizadas pola OMA e ADEGA.
Podes ver o vídeo presentado pola OMA ao concurso na seguinte ligazón:


Tamén podes ver o proxecto premiado e os demais participantes na seguinte ligazón: 
http://www.premiosvoluntariado.com/candidaturas/

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib