Data e hora: 2 de marzo, 15:30 h.
Punto de encontro: Entrada da Facultade
de Economía e Empresa.
O próximo mércores día 2, a Oficina de Medio Ambiente
da UDC, xunto coa Asociación Ecoloxista ADEGA, organizaremos unha xornada de BIOCONSTRUCIÓN
na que visitaremos os seguintes proxectos:
Módulo experimental Biovalvo. Belén
González (Grupo GCons-UDC)
Módulo de mobiliario urbano BanCob.
Víctor González (Asociación ESPIGA)
Módulo bioclimático A Vieira. Juan Bello
(CIFP Someso)
A xornada comezará ás 15.30h coa
recepción dos asistentes e presentación da actividade na entrada principal da
Facultade de Economía de Empresa, a cargo do persoal da OMA, para
dirixirnos en primeiro lugar ao Módulo
experimental BIOVALVO, construído baixo o estándar passivhaus e bioconstrución, con cunchas
de mexillón. A continuación visitaremos o Módulo de mobiliario urbano BANCOB, un
banco construído coa técnica de COB. As 17.15h aproximadamente, achegarémonos
ata o CIFP de Someso para coñecer o Módulo bioclimático experimental A VIEIRA, unha construción experimental
realizada con balas de palla, recubrimentos de barro e cuberta axardinada que
mostra un excelente comportamento bioclimático. Prevendo o remate da actividade
entorno as 18.30h.
Cando falamos en termos construtivos, referímonos á
Bioconstrución coma un sistema de edificación que se basea na utilización de
materiais que respecten a saúde e de baixo impacto ambiental, ecolóxicos,
reciclables e extraídos mediante procesos sinxelos e de baixo custo, e na
correcta adaptación ao medio facendo uso de elementos pasivos e naturais para
necesidades como a iluminación ou o confort térmico. Con
estas premisas realízanse construcións sas e ecolóxicas.
O acto de construír e edificar xera un grande impacto no
medio que nos rodea. A bioconstrución persegue minimizalo construíndo coa
natureza e non a costa dela, de modo que se satisfagan as necesidades sen
perxudicar a saúde nin das persóas, nin do entorno, nin do planeta.
Podes inscribirte de forma gratuíta enviando un
correo co teu nome e DNI a oma3@udc.es. As prazas son limitadas, cubriranse por orde de
inscrición.
Para
máis información, podes visitar as páxinas destes proxectos, e tamén o blog e
facebook da OMA.
0 comentarios:
Publicar un comentario