Blog dedicado as actividades que realiza a oficina medioambiental da Universidad da Coruña

CRÓNICA PROXECTO RÍOS 2015

O pasado mércores 4 de Novembro tivo lugar o encontro Proxecto Ríos para a inspección do Río Lagar, no treito situado entre o Edificio de Servizos Centrais de Investigación e a Facultade de Economía e Empresas, organizado pola Oficina de Medio Ambiente en colaboración con ADEGA.

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos ríos de Galiza. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixilancia do río que pasa polo seu municipio ou localidade. Estas inspeccións realízanse dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumprimentar as Follas de Inspección.





No noso encontro cada persoa cubría unha destas Follas de Inspección coa axuda de Paco Bañobre, quen dirixiu a actividade e nos ensinou cómo estudar o estado dun treito de río. Primeiro estudamos a calidade hidromorfolóxica basándonos na observación do bosque de ribeira, presenza de rápidos… Tras a toma de mostras dirixímonos ao interior da Facultade de Economía e Empresas para estudar a calidade biolóxica do mesmo, xa que debido ao mal tempo non foi doado a inspección in situ da calidade físico-química da auga (temperatura, pH …).









Xa no interior identificamos os macroinvertebrados presentes no punto de mostraxe. Estos organismos son bioindicadores da calidade da auga, cada familia ten asignada unha calidade dependendo dos seus requirimentos para o seu desenvolvemento e supervivencia. O resultado do índice de macroinvertebrados apunta cara unha calidade moderada do río.

Para máis información do proceso e outras curiosidades podes consultar a páxina de Proxecto Ríos.

Ademáis segue o noso facebook e twitter para coñecer outras actividades similares.
Share on Google Plus

0 comentarios: