28/10/2015

A UDC, GALARDOADA COA BANDEIRA VERDE GREEN CAMPUS

bolseirxs OMA-UDC
Estamos de noraboa!

A bandeira verde foi concedida á Facultade de Ciencias da Saúde e á Escola Universitaria de Arquitectura Técnica:

A Coruña, 22 de outubro de 2015.- O xurado para España do programa Green Campus na súa convocatoria de 2015 decidiu conceder por unanimidade a Bandeira Verde Green Campus á Facultade de Ciencias da Saúde e á Escola Universitaria de Arquitectura Técnica, despois de examinar a documentación aportada pola Universidade da Coruña e de visitar as súas instalacións. Ademais, decidiuse premiar ao Campus de Pontevedra, da Universidade de Vigo.
As Universidades de Vigo e A Coruña son as primeiras universidades españolas galardoadas coa Bandeira Verde, e únense ás quince facultades en oito países a nivel europeo que actualmente contan con esta distinción de calidade ambiental.
O acto de entrega da Bandeira Verde terá lugar ao longo do mes de novembro, nunha data aínda por determinar.
O xurado estivo conformado por José R. Sánchez Moro, presidente da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, ADEAC; Idalécio Matias Rodrigues, director Xeral de European Recycling Platform España; Ana Pérez-Montero, coordinadora do Programa Green Campus, e Iago García, responsable de Comunicación de ERP España.
ADEAC é unha asociación sen ánimo de lucro, cofundadora en 1982 da FEE, Foundation for Environmental Education, xunto con outras Organizacións Non Gubernamentais de cinco países europeos. A FEE agrupa a 74 ONGs en 64 países de Europa, América, África, Asia e Oceanía. Promove a educación ambiental con programas como a Bandeira Azul, Ecoescolas, Chave Verde, Novos Reporteiros para o Medio Ambiente e Bosques nas Escolas. A FEE é a responsable da concesión da Bandeira Azul nas praias e portos deportivos. O Green Campus é un programa que recolle as actuacións universitarias en materia de promoción e preservación do medio ambiente.
Máis información: www.adeac.es




bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib