05/11/2015

ROTEIRO NO MONTE DA FRAGA

bolseirxs OMA-UDC
O próximo 10 de Novembro ás 15:30 h terá lugar un roteiro polo Monte da Fraga no Campus da Zapateira, guiado pola profesora Dra. Elvira Sahuquillo e organizado pola Oficina de Medio Ambiente da UDC.
O Monte da Fraga sitúase detrás da Facultade de Ciencias, e esténdese ata a Facultade de Filoloxía e arredores. Dende hai anos estase a realizar unha restauración participativa neste terreo coa colaboración da Asociación ecoloxista ADEGA e coa axuda de numerosos voluntarios que axudaron na limpeza de exóticas invasoras e plantación de acivros, cerdeiras ou plantas aromáticas.
Para coñecer máis, visita o noso facebook.
Data e hora: 10 de Novembro, 15:30 h.
Lugar de encontro: Entrada principal da Facultade de Ciencias
Lembrade levar calzado axeitado e chuvasqueiro se chove algo. Se chove moito avisarase da suspensión da actividade.

Inscricións en oma3@udc.es


bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib