17/03/2015

Crónica da charla-obradoiro de alimentación saudable

bolseirxs OMA-UDC
O pasado día 16 de marzo tivo lugar a charla-obradoiro sobre alimentación saudable na Facultade de Ciencias da Saúde organizada pola Oficina de Medio Ambiente (OMA), greesn campus FCS e a Asociación Ecoloxista ADEGA.

Un dos obxectivos da OMA é ambientalizar a universidade e con esta actividade pretendemos traballar a alimentación saudable e ecolóxica nos campus, por esta razón intentase que a comunidade universitaria sexa consciente dos produtos que merca e come na propia universidade e na súa casa.

Nesta primeira xornada de alimentación saudable tivemos o pracer de contar con dúas persoas moi activas nestas cuestións, presentamos unha experiencia dun comedor infantil con Beatriz Ferreira e posteriormente fixemos un obradoiro onde aprendemos a interpretar as etiquetas dos alimentos con Silvia Méndez.

Ás 17:30 comezo a charla informativa a mans de Beatriz Ferreira (directora da Escola Infantil Municipal A Caracola) que nos explicou o proceso de cambio dun menú tradicional por un menú ecolóxico e de comercio de proximidade, sendo os nenos e nenas quen deciden canto e que queren comer, experimentando novas sensacións cas texturas e formas dos alimentos no seu día a día no comedor. Con ela aprendemos que este cambio é posible.



Aproximadamente unha hora máis tarde Silvia Méndez (Bióloga, profesora, redactora, alquimista na cociña, especialista en nutrición e metabolismo e fundadora de V de Vegetal) explicounos conceptos que descoñeciamos e aprendemos a interpretar o etiquetado dos produtos que levamos cada un, tamén a reflexionar acerca dos alimentos e comercios que nos rodean, sendo nós os que decidimos que e onde queremos mercar e comer os produtos.


Moitas grazas a todos e todas pola vosa asistencia e esperamos

que con esta charla-obradoiro se fomente uns hábitos e conciencia sobre alimentación saudable nos campus e na nosa vida.







bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib