20/01/2012

RE_UTILIZANDO: a nova iniciativa da OMA

bolseirxs OMA-UDC
Re_utilizando é a nova iniciativa da OMA, enfocada á reutilización do papel, e polo tanto, ó seu mellor aproveitamento. Deu comezo esta semana na E.T.S.A. da UDC, coa idea de extendela despois ó resto dos centros da devandita Universidade. O comezo na E.T.S.A. non é casual, senón que nos pareceu oportuno iniciala alí debido a grande cantidade de papel que moven.

O obxectivo desta iniciativa xa se pode intuir a partires do seu eslogan “2 caras, 2usos”: se unha folla de papel ten dúas caras, utilicemos ambas.




A campaña consistirá na colocación de 4 caixas de cartón identificadas co lotipo e máis co eslogan, que adxuntamos en puntos estratéxicos como son a aula net, a biblioteca, a planta de acceso (para a presentación e publicidade da campaña) e a planta -2 a carón da cafetería e do espazo de traballo que hai ó lado.







Non se trata de reciclar, que non está tanto nas nosas mans , a acción de reciclar físicamente , senón dun pequeno xesto que supón unha gran axuda ó medio ambiente. re_utilizando.


bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

2 comentarios:

  1. Se a iniciativa está moi ben, pero non explicades a finalidade. Sobreentendo que pretendedes que a xente deposite o papel que non vai utilizar nas caixas de cartón, pero e logo? A xente poderá facer uso del libremente en caso de necesitalo, tedes algún fin para dito papel?

    ResponderEliminar
  2. Ola Estefanía, antes de nada, desculpa porque houbo un erro, e o logo subido non era o correcto.

    Como verás agora, tes razón, o que se busca é que a xente deixe na caixa o papel que non lle serve, pero que aínda ten unha cara limpa para que quen o precise poida dispoñer libremente del.

    Por exemplo: fas unha impresión e non sae ben, podes deixar o papel na caixa, e se alguén precisa un papel para escibires algo en sucio, xa o pode coller na caixa sen ter que utilizar unha nova folla.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib