09/03/2015

Charla-Obradoiro sobre alimentación saudable na UDC

bolseirxs OMA-UDC
O próximo día 16 de marzo terá lugar na Facultade de Ciencias da Saúde no Edificio de Terapia Ocupacional unha charla-obradoiro organizada pola Oficina de Medio ambiente (OMA) coa colaboración da Asociación Ecoloxista ADEGA. 



O obxectivo desta actividade é coñecer a facilidade e posibilidade dun cambio de menú tradicional por un menú ecolóxico e saudable, e observar e analizar o etiquetado da comida para entender a súa lista de ingredientes, saber interpretar o seu “valor nutricional”, valorar de que zona do mundo proceden, entre outras.

A xornada formativa comezará ás 17.30 da tarde cunha charla informativa a cargo de Beatriz Ferreira (directora da Escola Infantil Municipal A Caracola) quen explicará como decidiron mudar o menú do comedor por un menú ecolóxico e de comercio de proximidade.

A continuación, ás 18:30 terá lugar o obradoiro sobre o etiquetado dos produtos a cargo de Silvia Méndez (Bióloga, profesora, redactora, alquimista na cociña, especialista en nutrición e metabolismo e fundadora de V de Vegetal) no cal aprenderemos a interpretar o etiquetado dos produtos que habitualmente consumimos na nosa alimentación.

É importante que vos inscribades no correo oma3@udc.es escribindo o voso nome completo e DNI xa que as prazas serán limitadas.

Cada participante deberá traer un alimento para interpretar a etiqueta.

Para máis información en sucesivas ocasións, tede en conta as nosas redes sociais:

- Facebook: Oficina de Medio Ambiente UDC, bolseiros OMA
- Twitter: @OMA_UDC
- Correo: oma2@udc.es


bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib