03/03/2015

Xornada de eliminación de flora exótica invasora na UDC

bolseirxs OMA-UDC
O próximo día 18 de marzo a Oficina de Medio Ambiente da UDC xunto coa asociación ecoloxista ADEGA organizamos unha xornada de voluntariado ambiental de eliminación de flora exótica invasora no Monte da Fraga.

O obxectivo desta actividade é o coñecemento das especies exóticas invasoras (EEI). Este tipo de flora fai que se perda unha gran parte da biodiversidade da nosa contorna. 


Esta xornada de traballo comezará cunha charla introdutoria sobre a problemática no salón de actos da facultade de ciencias ás 15:30h, ao remate sairemos ao Monte da Fraga para comezar co traballo que rematará sobre as 18:30 aproximadamente. 

Animádevos a participar, precisamos a vosa colaboración! É importante que vos inscribades no correo oma3@udc.es escribindo o voso nome completo e DNI para que poidamos preparar a ferramenta.

No caso de non poder asistir á xornada completa, e queredes participar un tempo limitado, tamén podedes facelo enviando un correo indicando a vosa dispoñibilidade.

A xornada adiarase no caso de que as condicións climáticas non acompañen.

Para máis información en sucesivas ocasións, tede en conta as nosas redes sociais:

- Facebook: Oficina de Medio Ambiente UDC, bolseiros OMA
- Twitter: @OMA_UDC
- Correo: oma2@udc.es

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib