17/06/2014

Crónica: Limpeza simultánea de praias

bolseirxs OMA-UDC

A limpeza de praias da Oficina de Medio Ambiente

6 de xuño de 2014. Bastiagueiro pequeno


O pasado venres 6 de xuño, a Oficina de Medio Ambiente da UDC participou na III edición da limpeza simultánea de praias organizada por ADEGA; coincidindo coa celebración do día dos océanos e como forma de divulgación e denuncia da problemática que conleva o lixo mariño acumulado no noso litoral.

Para esta actividade reunímonos 8 persoas de dentro e fora da universidade para limpar a praia de Bastiagueiro Pequeno durante 3 horas. Dividimos a praia en dous grupos de traballo, xuntamos o lixo nun punto común e finalmente separamos o que recollimos por sacos, dependendo do material. Os resultados da limpeza de Bastiagueiro Pequeno deste ano foron os seguintes:

Enchéronse con lixo:
Contido das bolsas:
Cantidade aproximada (Kg)
· 12 sacos
· 2 sacos de caucho
· 1 saco de aparellos de pesca e redes
· 9 sacos de plásticos
· 20 Kg en caucho
· 15-20 Kg en aparellos de pesca
· 30 Kg en plásticos
· 1 saco de obra
· Caucho, madeiras, materiais máis pesados
· 20-30 Kg
· 1 bolsa pequena
· Vidro
· 1,5 Kg de vidro



O traballo dos demáis grupos de recollida de lixo pode verse resumido na seguinte ligazón: http://adega.info/web/novas.php?id=188&idioma=gl&sec=9


Unha vez máis grazas as voluntarias e voluntarios que participades nestas actividades!!

Máis fotos en:

Podes atoparnos en:

Twitter: @OMA_UDC 

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib