24/04/2014

CAMPAÑA RECOLLIDA DE ALIMENTOS NA UDC

bolseirxs OMA-UDC
A Oficina de Cooperación e Voluntariado e a Oficina de Medio Ambiente da UDC, en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas, está levando  a cabo un ano máis unha iniciativa solidaria de recollida de alimentos non perecedoiros polas diferentes Facultades da Universidade da Coruña, co fin de axudar ás familias máis desfavorecidas da provincia da Coruña e de concienciar socialmente sobre esta situación.

A campaña comezou o martes día 22 de abril e remata o próximo 13 de maio. O lugar de recollida son as cafeterías das facultades dos campus de Oza, INEF, Zapateira, Elviña, Cidade Escolar (Riazor) e Reitoría en A Coruña, e na Escola Universitaria Politécnica de Serantes, no Edificio de Apoio ao Estudo, na USAI, na Facultade de CC do Traballo, na Escola Politécnica Superior e na Facultade de Humanidades en Esteiro en Ferrol. O ano pasado recolléronse un total de 1671Kg de alimentos non perecedoiros que foron entregados ó Banco de Alimentos Rías Altas. Podedes acceder á nota de prensa publicada o pasado ano sobre esta iniciativa no seguinte enlace:




Por último gustaríanos agradecervos a tod@s de antemán a vosa participación nesta campaña, coa que esperamos superar a cantidade de alimentos recollida o ano pasado! Entre tod@s podemos conseguilo!

Podes atoparnos en Facebook: Oficina de Medio Ambiente UDC
                            e no Twitter: @OMA_UDC

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib