01/04/2014

bolseirxs OMA-UDC

FORO SOCIAL: FINANZAS ÉTICAS


Data e lugar: 3 de Abril de 2014 de 20:00 – 21:30, na Casa Tomada


Outras finanzas son posibles: representantes da AIS O Peto e o Proxecto Fiare acoden á Casa Tomada para exporen a súa visión sobre a denominada ‘banca ética’.


Analizarase o concepto de banca ética fronte á banca tradicional, os distintos niveis de banca ética existentes actualmente no territorio e en concreto os proxectos Fiare e O Peto: como xurdiron, cales son os seus obxectivos, en que estado se atopan na actualidade e como se pode participar neles e axudar a construír unha nova economía.

Ao finalizar a palestra, abrirase unha rolda de preguntas e suxestións co ánimo de fomentar o coloquio entre o público asistente.

Máis información:

bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib