01/04/2014

bolseirxs OMA-UDC

Ciclo de documentais socio-ambientais


Datas: Días 1, 3, 8 e 10 de abril ás 17.00h
Lugar: Salón de actos, Facultade de Socioloxía da UDC




No mes de abril organizamos un ciclo de documentais de temática socio-ambiental na facultade de Socioloxía. Componse de catro xornadas, e en cada unha haberá a proxección dun documental e un posterior debate ou coloquio. Este ciclo pretende ser un espazo para o coñecemento e reflexión de diferentes problemáticas ambientais e sociais. Falaremos de temas como os transxénicos, consumismo, privatización da auga potable, sobre-explotación e esgotamento de recursos.

Intentaremos comprender as causas das problemáticas sociais que nos afectan, e o máis importante, coñecer as alternativas e solucións que podemos aportar de xeito persoal.

A primeira proxección será  o martes 1 de abril Océanos un documental con impactantes imaxes onde poderemos debater sobre a contaminación no medio e a sobre-explotación dos recursos mariños.

Xoves 3 de abril proxectaremos Flow, polo amor da auga un documental que explica con detalle a ansia privatizadora do FMI e varias das transnacionais máis poderosas dun ben común como é a auga, o recurso máis valioso da terra.

Martes 8 de abril proxectaremos O mundo segundo Monsanto, documental que denuncia os efectos negativos que provocan os produtos agroquímicos e as sementes de soia transxénica que comercializa a empresa máis grande do sector, e expón a cara máis escura da realidade agrícola de América do Norte e do Sur. No debate teremos a sorte de contar con Marcial, representante da cooperativa de consumo Zocamiñoca da Coruña onde nos exporá que outro xeito de consumo é posible e como podemos participar nesta cooperativa.

Por último, o xoves 10 de abril pecharemos o ciclo co documental O poder dos centros comerciais, documental que analiza os recursos psicolóxicos utilizados nos centros comerciais para atraer aos consumidores. Tras cincuenta anos de existencia en moitos países, a cultura dos centros comerciais é xa un estilo de vida. Esta é unha realidade moi próxima á cidade da Coruña. No debate poderemos contar có profesor da facultade de socioloxía urbana Manuel García Docampo.

A asistencia a este ciclo é libre ata completar o aforo do salón de actos da facultade de Socioloxía. Dende a Oficina de Medio Ambiente vos animamos a participar neste ciclo!!


Máis información:

Twitter: @OMA_UDC


bolseirxs OMA-UDC / Author & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Templatelib